Ceip Agro do Muiño

Ceip Agro do Muiño
PROXECTO DOCUMENTAL. CURSO 2009-2010

lunes, 14 de junio de 2010

INFANTIL 5 ANOS: CHINA

Os nenos e nenas de 5 anos viaxamos a China para coñecer a súa cultura. China é o país máis poboado do mundo e nas súas cidades hai rañaceos moi modernos. Tamén existen barrios con casas antigas de madeira que se chaman Padogas. A Cidade Prohibida é a maior construcción de edificios antigos (800) e era a residencia do emperador. En 1987 foi declarada pola UNESCO Patrimonio da Humanidade.
No entroido visitamos ao emperador na Cidade Prohibida e empregamos a moeda oficial de China que é o Yuan (equivale aproximadamente a 10 euros). Tamén fixemos unha visita á muralla China. Os astronautas din que é tan grande que se pode ver dende o espacio.
En Pekín vimos o Dragón, símbolo de Paz e venerado como un animal sagrado. Para os chinos/as é unha ledicia poder festexar cada ano o aninovo chinés que é a festa máis importante do ano e dura 15 días. O último día celébrase o festival dos farolillos onde a xente desfila polas rúas e bailan a danza do dragón.
Visitamos un xardín de bonsais e nos seus bosques medran enormes árbores de bambú. Alí descubrimos o oso panda, animal orixinario de China e que está en perigo de extinción. O arroz é para os chineses coma para nós o pan e cómese con palillos: ¡que complicado!
O peor de todo foi entender o que dicían os carteis... ¡menuda caligrafía! Parece que o que inventou a escritura china imitou o movemento dos animais na area. Tamén é moi importante o selo do nome, presente en todos os documentos oficiais.
Xa para descansar, ensináronnos algúns dos seus xogos: dominó, tangram, diábolo... Os chineses son unhas grandes cabezas pensantes polo que son moitos os seus inventos: papaventos, carretilla, fogos de artificio...
O horóscopo chino ten a súa orixe nunha lenda de Buda, que lle agasallou a cada un dos 12 animais do reino con un ano. O noso signo é mono (ao nacermos no ano 2004). O Tai chi é a arte marcial máis importane para os chinos e proporciona numerosos beneficios para a saúde.
Para rematar todo este marabilloso percorrido por China, fixemos un libro colectivo xigante.

lunes, 7 de junio de 2010

INFANTIL 4 ANOS: TURQUÍA

Os nenos/as de 4 anos viaxamos a Turquía.
Ambientamos a aula e fixemos un libro con fotografías de Turquía, gracias ao material aportado polas titoras e as familias.
Coñecemos as cidades máis importantes de Turquía: Estambul e Ankara (a súa capital). En Estambul están os dous monumentos máis destacados do país: Santa Sofía e a Mezquita Azul.
Tamén coñecemos o traxe típico de Turquía e disfrazámonos de Turcos no entroido.
Tocamos os instrumentos típicos do folclore turco: Darbuka e Crótalos (os cales son utilizados na danza do ventre) e bailamos a danza do ventre.
O xogo popular máis importante de Turquía é o Backgammon e a súa comida típica é o Dönner Kebak.
Por último, viaxamos a Capadocia a través de internet.
Con toda esta información elaboramos un libriño para cada alumno.

INFANTIL 3 ANOS: A INDIA

Os nenos e as nenas de 3 anos coñecemos a India. No mes de setembro as nosas familias aportaron fotografías coas que fixemos diversos murais. Tamén trouxemos á aula libros cos que aprendemos moitísimas cousas sobre a India: a súa bandeira, a moeda, os animais, as costumes, monumentos, a comida ou o traxe típico co que nos disfrazamos no entroido.
Á aula de 3 anos trouxemos un coco, ¡costounos un montón abrilo! pero conseguímolo e bebemos o seu zume e comemos a súa polpa. Despois fixemos co coco raiado, ovos e azucre unhas cocadas: amasamos, moldeamos e logo, a mestra Teresa levounas ao forno. O día seguinte merendámolas todos xuntos.
Na aula de 3 anos B a mestra contounos como foi a súa viaxe á India. Tróuxonos á aula bonecos, traxes, artesanía e explicounos algunhas cousas sobre elas.

EN INFANTIL VIAXAMOS A ASIA

Os nenos e nenas de Educación Infantil viaxamos a Asia para coñecer a India, Turquía e China.

martes, 1 de junio de 2010

O BRASIL MULTICOLOR

En segundo traballamos a cultura brasileira, usando libros e recursos TICS como motivación para introducirnos na mesma.
- Comezamos traballando a súa xeografía completando mapas e estudando o máis fundamental da súa historia.
- Achegámonos aos seus costumes, comidas, festas... e máis concretamente á vida no Amazonas, ese gran pulmón de América do Sur.
- Elaboramos murais con fotos e debuxos, colaboramos nas exposicións da biblioteca con obxectos aportados polo alumnado e o profesorado.
- No calendario anual a nosa páxina versou sobre os moradores do Amazonas.
- No entroido disfrazámonos de bailaríns de Samba. Foi moi divertido.
- Traballamos contos e lendas de Brasil: As tres laranxas, escoitamos a súa música.
- Decoramos as entradas das aulas de xeito que semellasen a entrada dunha cabana do Amazonas.
- Asistimos a unha representación de contos do mundo para potenciar a nosa formación sobre interculturalidade.
- Todo isto achegounos a unha cultura descoñecida para nós até o de agora.