Ceip Agro do Muiño

Ceip Agro do Muiño
PROXECTO DOCUMENTAL. CURSO 2009-2010

lunes, 21 de marzo de 2011

lunes, 14 de junio de 2010

INFANTIL 5 ANOS: CHINA

Os nenos e nenas de 5 anos viaxamos a China para coñecer a súa cultura. China é o país máis poboado do mundo e nas súas cidades hai rañaceos moi modernos. Tamén existen barrios con casas antigas de madeira que se chaman Padogas. A Cidade Prohibida é a maior construcción de edificios antigos (800) e era a residencia do emperador. En 1987 foi declarada pola UNESCO Patrimonio da Humanidade.
No entroido visitamos ao emperador na Cidade Prohibida e empregamos a moeda oficial de China que é o Yuan (equivale aproximadamente a 10 euros). Tamén fixemos unha visita á muralla China. Os astronautas din que é tan grande que se pode ver dende o espacio.
En Pekín vimos o Dragón, símbolo de Paz e venerado como un animal sagrado. Para os chinos/as é unha ledicia poder festexar cada ano o aninovo chinés que é a festa máis importante do ano e dura 15 días. O último día celébrase o festival dos farolillos onde a xente desfila polas rúas e bailan a danza do dragón.
Visitamos un xardín de bonsais e nos seus bosques medran enormes árbores de bambú. Alí descubrimos o oso panda, animal orixinario de China e que está en perigo de extinción. O arroz é para os chineses coma para nós o pan e cómese con palillos: ¡que complicado!
O peor de todo foi entender o que dicían os carteis... ¡menuda caligrafía! Parece que o que inventou a escritura china imitou o movemento dos animais na area. Tamén é moi importante o selo do nome, presente en todos os documentos oficiais.
Xa para descansar, ensináronnos algúns dos seus xogos: dominó, tangram, diábolo... Os chineses son unhas grandes cabezas pensantes polo que son moitos os seus inventos: papaventos, carretilla, fogos de artificio...
O horóscopo chino ten a súa orixe nunha lenda de Buda, que lle agasallou a cada un dos 12 animais do reino con un ano. O noso signo é mono (ao nacermos no ano 2004). O Tai chi é a arte marcial máis importane para os chinos e proporciona numerosos beneficios para a saúde.
Para rematar todo este marabilloso percorrido por China, fixemos un libro colectivo xigante.

lunes, 7 de junio de 2010

INFANTIL 4 ANOS: TURQUÍA

Os nenos/as de 4 anos viaxamos a Turquía.
Ambientamos a aula e fixemos un libro con fotografías de Turquía, gracias ao material aportado polas titoras e as familias.
Coñecemos as cidades máis importantes de Turquía: Estambul e Ankara (a súa capital). En Estambul están os dous monumentos máis destacados do país: Santa Sofía e a Mezquita Azul.
Tamén coñecemos o traxe típico de Turquía e disfrazámonos de Turcos no entroido.
Tocamos os instrumentos típicos do folclore turco: Darbuka e Crótalos (os cales son utilizados na danza do ventre) e bailamos a danza do ventre.
O xogo popular máis importante de Turquía é o Backgammon e a súa comida típica é o Dönner Kebak.
Por último, viaxamos a Capadocia a través de internet.
Con toda esta información elaboramos un libriño para cada alumno.

INFANTIL 3 ANOS: A INDIA

Os nenos e as nenas de 3 anos coñecemos a India. No mes de setembro as nosas familias aportaron fotografías coas que fixemos diversos murais. Tamén trouxemos á aula libros cos que aprendemos moitísimas cousas sobre a India: a súa bandeira, a moeda, os animais, as costumes, monumentos, a comida ou o traxe típico co que nos disfrazamos no entroido.
Á aula de 3 anos trouxemos un coco, ¡costounos un montón abrilo! pero conseguímolo e bebemos o seu zume e comemos a súa polpa. Despois fixemos co coco raiado, ovos e azucre unhas cocadas: amasamos, moldeamos e logo, a mestra Teresa levounas ao forno. O día seguinte merendámolas todos xuntos.
Na aula de 3 anos B a mestra contounos como foi a súa viaxe á India. Tróuxonos á aula bonecos, traxes, artesanía e explicounos algunhas cousas sobre elas.

EN INFANTIL VIAXAMOS A ASIA

Os nenos e nenas de Educación Infantil viaxamos a Asia para coñecer a India, Turquía e China.

martes, 1 de junio de 2010

O BRASIL MULTICOLOR

En segundo traballamos a cultura brasileira, usando libros e recursos TICS como motivación para introducirnos na mesma.
- Comezamos traballando a súa xeografía completando mapas e estudando o máis fundamental da súa historia.
- Achegámonos aos seus costumes, comidas, festas... e máis concretamente á vida no Amazonas, ese gran pulmón de América do Sur.
- Elaboramos murais con fotos e debuxos, colaboramos nas exposicións da biblioteca con obxectos aportados polo alumnado e o profesorado.
- No calendario anual a nosa páxina versou sobre os moradores do Amazonas.
- No entroido disfrazámonos de bailaríns de Samba. Foi moi divertido.
- Traballamos contos e lendas de Brasil: As tres laranxas, escoitamos a súa música.
- Decoramos as entradas das aulas de xeito que semellasen a entrada dunha cabana do Amazonas.
- Asistimos a unha representación de contos do mundo para potenciar a nosa formación sobre interculturalidade.
- Todo isto achegounos a unha cultura descoñecida para nós até o de agora.

jueves, 27 de mayo de 2010

CULTURA INUIT

Os Inuits son mais coñecidos polo nome de esquimós pero rexéitano porque significa "comedores de carne crúa" e lles parece despectivo, por iso prefiren chamarse Inuits que significa "a xente", "o pobo".
Viven nas rexións árticas do planeta (Siberia, Alaska e Groenlandia) en Iglús, que son coma cúpulas de xeo. Nas épocas de caza viven nunhas tendas enormes chamadas Tipis, que están formadas por unha pel moi estirada suxeitada con paos moi grandes.
As vestimentas e botas Inuits estaban feitas de pel e pelaxe. A dieta Inuit está composta por pescado e outros mamíferos acuáticos.
Algunhas palabras Inuits son: "anorak", "iglú", "kayak" e "parka". As 7 estacións Inuits teñen significados diferentes e son: Sekcliniak (aparece o sol), Arkajuassuak (o ambiente está templado), Aspaliarssuit tikitarfiat (volven as aves), Ting missat emmiviat (as aves poñen ovos), Ivanit aorsamialertarfiat (as aves emigran cara o sur), Talsit sikouat (xéanse os lagos) e Toursarfit (óese o silencio).