O xoves 6 de maio presentamos na biblioteca o libro "O pequeno Sioux". Foi unha experiencia marabillosa. Os nenos de primeiro fixemos uns fermosos decorados de poboados indios nos que pintamos "tepees" (tipis) e algún tottem. Os profes contáronos o conto de forma dramatizada. Pasámolo xenial na compaña do Coiote Colorado, a Galiña Emplumada ou da Formiga Negra. Vivimos as aventuras de Touriño Sentado e do seu papá o Gran Xefe Sioux. E sabedes que? Nós fixemos de vento que empurraba a todos os nosos amiguiños cara o seu poboado. Como resultou tan divertida, representouse para os nenos e nenas de infantil e de 2º de primaria.
No hay comentarios:
Publicar un comentario