Ceip Agro do Muiño

Ceip Agro do Muiño
PROXECTO DOCUMENTAL. CURSO 2009-2010

miércoles, 19 de mayo de 2010

OS MASAIS DE 4º

Os de 4º traballamos sobre o Continente Africano e centramos o estudio na cultura MASAI:
  • Comezamos facendo un estudio xeográfico de África elaborando mapas individuais e un grande para a aula, localizando o territorio dos Masais.
  • Proxeccións de vídeos, diálogos, conversacións colectivas, lectura de contos, libros e revistas sobre os Masais para favorecer o enriquecemento persoal a partir da diversidade dos valores culturais.
  • Estudiamos as súas costumes, arte, vivenda, comidas, roupas, danzas e xogos a través de fichas, vídeos, redaccións e de outras actividades.
  • Elaboramos murais con fotografías traídas polos nenos e quitadas da internet.
  • Realizamos unha exposición na aula de artesanía, obxectos e pinturas sobre África e os Masais.
  • Adornamos os pasillos e as aulas con motivos Africanos e de Masais e incluso decoramos a entrada da clase como unha choza Masai.
  • Disfrazámonos de Masais con adornos para a cabeza, colares, pulseras, lanzas, escudos, etc.
  • Participamos en tódalas exposicións do colexio sobre as culturas do mundo aportando: monecas, cerámicas, roupa, xogos, libros, entre outros.
  • Asistimos a unha representación teatras de "Contos do Mundo".
  • En definitiva, tratamos de centrar todas as actividades en torno ao núcleo das "Culturas do Mundo" e en especial dos Masais.

No hay comentarios:

Publicar un comentario